Declaración de accesibilidad

O Ministerio de Sanidade comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de acordo co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, de accesibilidade das páxinas web e aplicacións do sector público para dispositivos móbiles Abrirase nunha fiestra nova ,polo que se traspón a Directiva (UE) 2016/2102 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016 Abrirase nunha fiestra nova .

Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web www.sanidad.gob.es, excluíndo os contidos incrustados doutros dominios.

Situación de cumprimento

Esta web é parcialmente conforme ao Real Decreto 1112/2018 debido á falla de conformidade dos aspectos que se indican a seguir.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018

    1. É posible que exista un reprodutor de vídeo que non dispoña dun modo de operación que permita mostrar os subtítulos existentes [requisito número 7.1.1 da UNE-EN 301549:2022 Reprodución de subtítulos].
    2. Algunhas páxinas incorporan un reprodutor de vídeo que non ten unha modo de seleccionar e reproducir audiodescricións dispoñibles [requisito número 7.2.1 da UNE-EN 301549:2022 Reproducción de audiodescrición].
    3. Algunhas imaxes non están etiquetadas ou teñen unha alternativa textual xenérica [requisito número 9.1.1.1 da UNE-EN 301549:2022 Contido non textual].
    4. Algúns vídeos gravados poden non conter subtítulos [requisito número 9.1.2.2 da norma UNE-EN 301549:2022 Subtítulos (gravados)].
    5. Algúns vídeos pregravados na páxina web non teñen audiodescrición ou medios alternativos [requisitos números 9.1.2.3 e 9.1.2.5 da norma UNE-EN 301549:2022 Audiodescrición ou medio alternativo (gravado)].
    6. Nalgunha páxina, a información, estrutura e relacións non están determinadas polo software ou non teñen alternativa como texto [requisito número 9.1.3.1 da UNE-EN 301549:2022 De información e relacións].
    7. Nalgunha páxina, puidéronse utilizar imaxes de texto no canto de texto para transmitir información [requisito número 9.1.4.5 da UNE-EN 301549:2022 Imaxes de texto].
    8. De manera puntual alguna información en movimiento automático no dispone de controles para pausar, controlar u ocultar la información [requisito número 9.2.2.2 de la norma UNE-EN 301549:2022 Poner en pausa, detener, ocultar].
    9. Nalgún documento, as imaxes non están etiquetadas ou teñen unha alternativa textual xenérica [requisito número 10.1.1.1 da UNE-EN 301549:2022 Contido non textual].
    10. En algún documento la información, estructura y relaciones no están determinadas por software o no tienen alternativa como texto [requisito número 10.1.3.1 de la UNE-EN 301549:2022 De información y relaciones].
    11. Nalgún documento, a información, estrutura e relacións non están determinadas polo software ou non teñen alternativa como texto [requisito número 10.1.3.1 da UNE-EN 301549:2022 De información e relacións].
    12. Nalgún documento, a relación de contraste no texto non pode ser polo menos de 4.5:1 \ [requisito número 10.1.4.3 da UNE-EN 301549:2022 Contraste mínimo].
    13. Nalgún documento foi posible utilizar imaxes de texto no canto de texto para transmitir información [requisito número 10.1.4.5 da UNE-EN 301549:2022 Imaxes de texto].
    14. En ocasións, un documento podería non ter o título da páxina identificado [requisito número 10.2.4.2 da UNE-EN 301549:2022 Título das páxinas].
    15. Nalgunha páxina non se indica a lingua que se utiliza de xeito predeterminado [requisito número 10.3.1.1 da norma UNE-EN 301549:2022 Lingua da páxina].
  2. Carga desproporcionada

    • Non aplica.
  3. Contidos que non entran no ámbito da lexislación aplicable

    1. Pode haber arquivos ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran plenamente todos os requisitos de accesibilidade. Malia o anterior, procurouse que a maioría deles si o cumprisen.
    2. Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos polo Ministerio de Sanidade ou que non estean baixo o seu control, por exemplo, arquivos ofimáticos.
    3. Pode haber arquivos pregravados publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran plenamente todos os requisitos de accesibilidade.

Elaboración desta declaración de accesibilidade

Esta declaración foi elaborada o 15 de setembro de 2023.

O método empregado para elaborar a declaración foi unha autoliquidación realizada pola empresa Everycode S.L.

Última revisión da declaración: 15 de setembro de 2023

Observacións e datos de contacto

  1. Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do Real decreto 1112/2018), por exemplo:
    • Informar de calquera posible incumprimento deste sitio web.
    • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
    • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relacionada coa accesibilidade do sitio web.

    Para estas comunicacións, están dispoñibles estas canles de comunicación:

  2. Segundo o artigo 10.2.b do RD 1112/2018, tamén se poderá presentar:

    • Unha queixa polo cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
    • Unha solicitude de información accesible sobre:
      • Contidos que queden excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido no artigo 3, apartado 4.
      • Contido que estea exento do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada.

    Na solicitude de información accesible deberán especificarse claramente os feitos, razóns e petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.

    As solicitudes de información accesible e queixas pódense presentar a través do trámite de Reclamacións e Suxestións Abrirase nunha fiestra nova do Ministerio de Sanidade, así como o resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común para as Administracións Públicas.

    As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas pola Subsecretaría do Ministerio de Sanidade.

Procedemento de aplicación

Se, unha vez formulada a solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos establecidos no artigo 12.5, o interesado poderá iniciar unha reclamación. Así mesmo, poderá iniciarse unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.

A reclamación pódese presentar a través do trámite de Reclamacións e Suxestións Abrirase nunha fiestra nova do Ministerio de Sanidade, así coma no resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As reclamacións serán recibidas e tratadas pola Unidade Responsable de Accesibilidade do Ministerio de Sanidade.

Contido opcional

Este sitio web cumpre cos requisitos da Norma UNE-EN 301549:2019 Arquivo pdf. Abrirase nunha fiestra nova considerando as excepcións do Real decreto 1112/2018.

O Portal do Ministerio de Sanidade, www.sanidad.gob.es, realizouse utilizando HTML5 para a marcaxe de contidos e follas de estilo CSS 3 para o deseño visual, evitando na medida do posible o uso de tecnoloxías propietarias que condicionan o uso de determinados dispositivos ou navegadores. Estes estándares garanten o acceso á información a través de calquera dispositivo de navegación que admita as recomendacións do W3C: HTML5, CSS 3.0, nivel AA.

Os estilos empregados foron construídos seguindo as recomendacións do consorcio W3C, para a versión 3 das follas de estilo en cascada e foron validados mediante a ferramenta de validación de código CSS Abrirase nunha fiestra nova fornecida polo consorcio, sen se detectar erros.

Por outra banda, validouse o HTML desde o que se empregan os diferentes CSS para comprobar que a árbore de análise utilizada é correcta. A análise realizouse mediante a ferramenta de validación de código HTML Abrirase nunha fiestra nova fornecida polo consorcio, sendo positivo o resultado desta análise.

No caso de que o usuario acceda ao portal a través dun navegador que non admite follas de estilo, a marcaxe estrutural permite a correcta visualización de todos os contidos. Se se selecciona a opción sen estilo, as páxinas mostraranse sen ningún tipo de formato visual.

O sitio web está deseñado para a súa visualización receptiva, de xeito que se mostra de forma óptima en dispositivos tipo tableta e móbiles.

O Ministerio de Sanidade incorporou á súa páxina web a plataforma universal de accesibilidade web inSuit Abrirase nunha fiestra nova . Un servizo que mellora automaticamente a accesibilidade e usabilidade da web, facéndoa máis accesible e inclusiva.

Para activar a plataforma inSuit na páxina web do Ministerio de Sanidade: cómpre activar a pestana inSuit inserida no lado esquerdo (OPCIÓNS DE ACCESIBILIDADE).

O usuario recibirá desde a web as axudas técnicas que lle permitirán navegar de forma adaptada ás súas necesidades e preferencias.

Axuda técnica de inSuit
Axuda técnicaDirixida a:
Navegación de teclado Persoas invidentes. Permite escoitar unha locución do contido da páxina e navegar co teclado mediante balizas numéricas.
Navegación para visión reducida Persoas con visión reducida. Permite ampliar o contido das páxinas, axustar os contrastes e facilitar a lectura ás persoas con dislexia.
Comandos de voz Persoas con discapacidade motora. Acceso a todo o contido da páxina a través de comandos de voz sinxelos.
Navegación con sons Persoas con discapacidade motora que teñen afectada a fala. Permite a navegación emitindo calquera tipo de sons, a través dun varrido das opcións dispoñibles.
Navegación con Pulsador Persoas con discapacidade motora severa. Navegación usando calquera tecla do teclado como un único botón, a través dun varrido das opcións dispoñibles.
Navegación sinxela con botóns Persoas con discapacidade cognitiva e persoas anciás. Navegación sinxela mediante o rato con elementos visuais destacados e botóns virtuais.
Navegación sinxela con texto grande Persoas anciás ou con poucas habilidades dixitais. Navegación mediante o rato que permite aumentar o tamaño do punteiro, salientar ligazóns, cambiar o contraste de cores, ampliar o contido e a estrutura, cambiar a un tipo de letra máis lexible ou especial para a dislexia e botóns de conversión de texto a voz no contido textual

Estas son algunhas das axudas que permiten ás persoas con discapacidade acceder a toda a información publicada en calquera formato na nosa web: PDF, imaxes, vídeos, audios, táboas, etc., ademais de permitir cubrir formularios dun xeito accesible.

Si desexa localizar información relacionada co contenido desta páxina, utilice o buscador