Servizo de subscrición de temperaturas e niveis de risco por zonas de Meteosalud

Subscríbete para recibir diariamente o nivel de alerta por altas temperaturas da zona Meteosalud da túa elección.

  • Formulario de subscrición

    Información persoal

    Información da zona

    *Campo obrigatorio

    Como funciona?

    • Recibirás un correo electrónico no enderezo facilitado confirmando a recepción da túa solicitude. A mensaxe incluirá unha ligazón á que deberás acceder e seguir os pasos indicados para quedar inscrito/a no rexistro.
    • Se solicitaches recibir a información tamén no teléfono móbil, recibirás un SMS cun código de confirmación.Se solicitaches recibir a información tamén no teléfono móbil, recibirás un SMS cun código de confirmación.
    • Unha vez completado o proceso, recibirás unha mensaxe confirmando a subscrición.
    • Cada día, recibirás por correo electrónico e/ou SMS a información dos niveis de risco para a saúde da zona Meteosalud que elixises.
    • Se tes dúbidas ou problemas co funcionamento do servizo, podes contactar connosco a través do correo meteosalud@sanidad.gob.es.
  • Formulario de subscrición a través de Telegram

    Información da zona

    *Campo obrigatorio

    Como funciona?

    • Selecciona a zona de meteosalud para a que desexas recibir as alertas, enchendo os campos de provincia e concello no formulario.
    • Unha vez seleccionada a zona, preme o botón Subscribirse.
    • Xerarase un código QR na pantalla.
    • Escanea o QR co teu teléfono móbil para abrires a ligazón.
    • A ligazón levarate directamente á aplicación de Telegram, onde comezará un chat co servizo de alertas.
    • Para finalizares a súa subscrición, preme o botón Inicio no devandito chat.
    • A partir dese momento, comezarás a recibir decote en Telegram o nivel de alerta por baixas temperaturas da zona de meteosalud seleccionada.
    • Se tes dúbidas ou problemas co funcionamento do servizo, podes contactar connosco a través do correo meteosalud@sanidad.gob.es.